luns, 27 de abril de 2015

Xornada 32: Este morto está moi vivo (A Crónica)


O Sobrado lévase o último derbi da tempada / A Máquina Amarilla saiu enchufada de principio a fin de encontro / Fran por partida dobre e Miguel Combo os goleadores marelos / Gran encontro dos 16 xogadores que entraron na convocatoria.

Se alguén pensaba que o Atlético Sobrado estaba morto equivocouse e de cheo. Lonxe de deixarse ir desde hai unhas xornadas o non xogarse nada na competición o conxunto de Hassan suma 2 victorias consecutivas contra 2 dos equipos que ocupan a parte alta da táboa, o Curtis e o Tambre.

Está claro que onde houbo lume segue habendo cinzas e onte o C.A.S.X. volveu a dar atisbos do gran equipo que amosou ser hai dúas tempadas cando se alzou co título ligueiro con unha impoluta folla de servizo: tan so 1 partido perdido en toda a tempada.

Gran traballo dos xogadores marelos en todas as liñas e excelente lectura do partido por parte de Hassan que viu en cada momento as necesidades que iba tendo o equipo conforme trancurría o encontro.

O C.A.S.X. saiu conxurado desde o vestiario en levarse o encontro e así foi. No minuto 4 xa gañaba 0-1 froito de un sublime gol do capitán Miguel Combo. A xogada iniciouna Tomás que con un forte saque de porta sobrepasou varias liñas do Tambre, a defensa mide mal o bote do balón e Miguel Combo engancha unha imparable volea para vater por alto a Jorge.

Isak nun tiro de falta que saiu cerca do pao estivo a piques de facer o segundo e Miguel Combo noutro lanzamento de falta rozou o doblete pero o seu lanzamento foise cerca da escadra esquerda da meta do Tambre. A gran ocasión tivoa Fran nun gran pase interior de Mario Varela, quédase man a man co gardamallas local pero o seu lanzamento foi rexeitado por Jorge.

A máis clara ocasión do Tambre nos primeiros 45 minutos foi un man a man de Iván Cabado con Tomás que o cancerbeiro marelo solventou de xeito excelente.

A mala nova foi a lesión de Mario Novo no minuto 37´, o "Kaiser" estaba a ser o rei do xogo aéreo, entrou no seu lugar o xuvenil Dani que cuallou un excepcional partido.

No descanso Hassan quixo revolucionar máis aínda o encontro metendo a un dianteiro, o pichichi xuvenil Iván Santos por un lateral dereito, Isma. O lugar de Isma no campo ocupouno Miguel Combo. Increible o traballo que fixo Iván Santos en toda a segunda metade, un auténtico incordio para a defensa rival, pelexando, roubando balóns e provocando faltas. Espectacular!!!

A piques estivo Mario Varela de facer o 0-2 nunha sensacional volea que votou diante de Marcos, que entrou como cancerbeiro do Tambre no descanso. O porteiro local despexou con apuros o perigoso lanzamento.

No minuto 62 Isak deixaría o seu posto a Manu Costoya para reforzar a medular xunto a Antonio e Mario Varela que estiveron de auténtico escándalo durante o encontro.

Tamén entraría posteriormente Libo no lugar de Ivo, un Ivo que a pesares de estar enchoupado ó terreo de xogo fixo da súa clase un arte.

Corría o minuto 80 cando Iván Santos recupera un balón e sufre unha falta preto do borde da área. A falta executa Manu Costoya, con un bote perigoso que Marcos rexeita pero Fran foi o máis listo da clase e no man a man non perdoou para facer o 0-2.

Recurtaría diferencias o Tambre no minuto 84 nunha clara falta de Sergio ó porteiro Tomás que o colexiado non viu.

De novo Fran nun gran pase interior de Libo firmaría a sentencia co 1-3 no minuto 87´.

Xa no desconto entraría Osky por un ovacionado Antonio.

Espectacular encontro de todos e cada un dos xogadores sabendo a súa función en cada momento sobre o terreo de xogo. Parabéns a futbolistas e a míster!!!

Agora queda un partido de Liga e hai que rematalo gañando para irse con un bo sabor de boca. Un encontro que será moi emotivo pois supón o adeus de varios xogadores que se van pola porta grande do noso clube, uns homes de pes a cabeza que levan anos sentindo as nosas cores e que desde que chegaron a este clube, algúns aínda na adolescencia, amosaron un compromiso e un sentimento do escudo fora de toda dúbida. Un que xa leva bastantes anos en todo isto solo poido decirvos: GRAZAS por todo o que fixestes e estades a facer polo Club Atlético Sobrado Xuventude, sodes grandes!!!


Once Inicial: Tomás, Isma (Iván Santos 45´), Iago, Mario Novo (Dani 37´), Esteban, Mario Varela, Antonio (Osky 90´), Isak (Manu Costoya 62´), Ivo (Libo 73´), Fran, Miguel Combo.

Goles: 

0-1 Miguel Combo 4 ´
0-2 Fran 80´
1-3 Fran 87´

Tarxetas:

Marelas: Isma 13´, Iago 73´, Fran 80´, Lato 84´

Vermellas: -

ILLA ILLA ILLA, LA MÁQUINA AMARILLA!!!



1 comentario:

Anónimo dixo...

Ovación a Antonio x parte da aficciòn do Tambre, no do CASX,recalcar eso! E o resto pssssss...meyor no comentar!