luns, 4 de maio de 2015

Xornada 33: Fin de unha etapa inolvidable (A Crónica)


O Atlético Sobrado finaliza unha tempada de altos e baixos. Último partido do adestrador Hassan e varios xogadores referentes do equipo. A Máquina Amarilla non puido co Encrobas. O pichichi xuvenil Iván Santos último goleador marelo na 14/15.

De todas as crónicas que levo feitas nestes anos, primeiro no Foro da Web que hai anos tiñamos e posteriormente no Blog probablemente esta sexa a máis difícil de elaborar. E non por facer o consabido resumo do partido baixo o meu humilde punto de vista senón pola emoción de ter que despedir a varios amigos que na tarde do sábado disputaron o seu último partido co Atlético Sobrado (polo menos por un tempo).

Coa marcha do adestrador Hassan e varios xogadores referentes do equipo remata a etapa máis gloriosa dos 18 anos de historia do Club Atlético Sobrado Xuventude. 

Hassan tomou o mando do equipo hai 4 tempadas e na segunda conseguiu a proeza de proclamar o equipo Campión de Liga acadando o correspondente ascenso a 2ª Autonómica.

Abandonan o Atlético Sobrado xogadores moi importantes, algúns deles na disciplina marela desde categoría xuvenil, que a pesares de non nacer en Sobrado sentiron as cores, o escudo e o nome do pobo de Sobrado tanto ou máis que calquera.

Perdemos un gran adestrador e uns grandes futbolistas. Do que non hai dúbida é de que seguiremos tendo uns grandes amigos e disfrutando de belísimas persoas. Nin que decir ten o seu comportamento, sempre de 10, loitando ata o último minuto do último partido a pesares de saber que para a vindeira tempada comezan outro proxecto nun novo equipo. Grazas rapaces, un por un, todos. Sodes parte da historia do Atlético Sobrado, e ogallá o futuro nos de a oportunidade de poder volver a compartir vestiario. Sodes espectaculares!!!

No que respecta ó partido pouco que contar, non foi o mellor encontro do Atlético Sobrado, adiantaríase o Encrobas á saida de un córner por mediación de Javier Amor. Alejandro Grela poñería o 0-2 para os visitantes nunha contra na que gañou o man a man con Tomás. Na primeira parte lamentar a lesión de Mario Varela, agardamos que se recupere no meno tempo posible.

Xa na segunda metade no minuto 85 o pichichi do equipo xuvenil Iván Santos faría o mellor gol da tarde nun bo remate a centro medido de Miguel Combo.

Xa no desconto Iago sería expulsado por facer unha falta sendo o último home cando o C.A.S.X. estaba volcado na portería rival buscando o gol do empate.

Once Inicial: Tomás, Miguel Combo (c), Iago, Mario Novo (Isma 63´), Dani, Mario Varela (Manu Costoya 25´), Antonio, Isak (Anxo 74´), Ivo, Manu Paderne (Osky 68´), Iván Santos.

Goles: 1-2 Iván Santos 85´

Tarxetas:

Marelas: Iago 73´

Vermellas: Iago 90´

Unha vez rematada a tempada a Directiva xa está na procura de novas incorporacións. Xa hai algunhas fichaxes confirmadas para a vindeira campaña. Nun curto espazo de tempo presentaremos ó novo adestrador así coma as novas fichaxes, algunhas delas caras coñecidas tanto de Sobrado coma da Comarca.

Agora máis que nunca #FORZACASX

#1997
#SOMOSAMARILLOS




Ningún comentario: