mércores, 28 de outubro de 2015

DERROTA INXUSTA


Quinta xornada e cuarto partido para o C.A.S.X, con mais baixas das esperadas debido a que a última hora se caeron da convocatoria Chino e Tocho, que se salda cunha nova derrota ante o Xuventude Dorneda. A pesar da boa imaxe mostrada polos pupilos da dupla Manu/Osky ante o lider invicto da categoria, sobre todo na segunda metade, unha falta desde 30 metros moi ben executada, bota a perder o empate xusto que ata ese momento reflexaba o marcador. Adiantariase o Dorneda no minuto 26 da primeira parte despois dun man a man co porteiro local José Luis. Xa na segunda metade o Atlético Sobrado moi ben plantado no terreo de xogo, lograría o empate no minuto 55 por medio de Luis Mato despois de varios rechaces no área pequena. O 1-2 final, chegaría como xa dixemos despois dun zapatazo nunha falta no minuto 79 o que o C.A.S.X. xa non pudo repoñerse.
A próxima estación do equipo Amarelo será o Domingo as 17 horas contra o Curtis.

Once inicial: José Luis, Rubén Gómez, Marcos Piñeiro, Isma, Cristian, Folgoso (Diego 80´), Wage, Mato (Alberto 75´), Miguel Combo, José David (Rafa 41´), Anxo.

Goles: 1-1 (Luis Mato 55´)

T.A: Cristian ( 66´)

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: