mércores, 4 de novembro de 2015

PUNTO E SEGUIDO


Quinto partido o disputado polo C.A.S.X. na tempada, e un valioso punto o conseguido no campo de Curtis. Encontro moi disputado o xogado o Domingo no Campo Novo, no que ata en duas ocasións conseguiu a máquina amarilla adiantarse no marcador. Transcurría o minuto 18 cando Wage Kori enviaba o fondo das mallas un rexeite do porteiro local, despois dun tiro dende a frontal do área de Chino. Sete minutos bastáronlle o Curtis para darlle a volta o marcador, despois dun dubidoso penalti. Trascurría o minuto 39 cando Chino botaba maxistralmente unha falta, que golpeaba no poste e acababa entrando na porteria local. Xa na segunda parte e no minuto 60, novamente Wage Kori, conseguía poñer por diante o C.A.S.X., pero outra xornada máis na recta final escapábanselle dous puntos o equipo amarillo, xa que o Curtis conseguía empatar a contenda.
Gran partido do Sobrado, que a pesar das baixas conseguiu plantar cara a un rival que de gañar se colocaba lider da competición. O sábado visitará o municipal de Sobrado o Mesón do Bento.

Once inicial: José Luis, Miguel Combo, Pirulo, Isma, Cristian, Folgoso (Diego 89´), Piñeiro (Rafa 70´), Rubén Gómez, Wage Kori, Chino,  Anxo (Alberto 76´).

Goles: 0-1 (Wage Kori 18´)
           2-2 (Chino 39´)
           2-3 (Wage Kori 60´)

T.A: Combo (56´)
         Pirulo   (71´)
         Rubén Gómez (86´)

#FORZACASX
#SEGUIMOSMEDRANDO

Ningún comentario: