xoves, 26 de novembro de 2015

A VIDA SEGUE IGUAL


Mal partido do C.A.S.X. o disputado o Domingo no Municipal de Sobrado. Encontro correspondente a xornada 9, que deixa a máquina amarilla na penúltima posición despois da derrota por 2-5 frente o Encrobas. Adiantaríase o equipo visitante no minuto 29, pero tan so tres minutos despois empataría o Atlético Sobrado despois dunha falta maxistral executada a perfeción por Chino. A falta de un minuto para cumplirse o tempo reglamentario adiantariase de novo o Encrobas cun disparo perfecto dende a frontal do área. Xa na segunda metade, o equipo de Cerceda foi dono e señor do partido, sin ver peligrar en ningún momento o resultado final. No minuto 61 José Luis ( porteiro local), tería que abandonar o campo despois dun golpe na perna dereita do que non se puido repoñer. Dous goles mais colocarian o 1-4 antes de que Luis Mato recortara distancias cun bo remate de cabeza, pero soamente con tempo para que o Encrobas materializase unha nova xogada poñendo o resultado final de 2-5.
Na próxima xornada o C.A.S.X. xogará como visitante no Municipal de Sobrado, xa que se enfrentará o Tambre no Derbi da xornada.

Once inicial: José Luis (Diego 61´), Moreno, Piñeiro, Isma, Cristian, Folgoso, Rafa (Mato 46´), Chino, Coedo (Libo 46´), Anxo.

T.A:

Goles: Chino ( 32´), Luis Mato (88´).

#MAQUINAAMARILLA
#APOLODERBI

Ningún comentario: