domingo, 6 de decembro de 2015

PUNTO DE PARTIDA


Bo e serio partido o disputado o sábado no municipal de sobrado, ante un Pontecarreira que viña cunha boa xeira de resultados. Os primeiros minutos do encontro transcurriron cunha fase de recoñecemento na que ningún dos dous equipos conseguiu impoñer o seu xogo. Partido no que se impuxeron as defensas sobre os ataques e na que  foron  poucos os achegamentos as porterías. Duas paradas de moito mérito por parte do porteiro local José Luis e unha por parte do carcerbeiro visitante foron as únicas ocasións do encontro.
Punto importante o colleitado polo C.A.S.X. xa que supón cortar unha mala racha de resultados e por fín rematar un encontro sin encaixar gol.
Para a semana a máquina amarilla volve xogar na casa, dando comenzo a segunda volta ante uns vellos coñecidos como son os xogadores do Teixeiro.

Once inicial: José Luis, Coedo, Piñeiro, Combo, Cristian, Rubio (Isma 65´), Wage (Diego 74´), Rafa, Moreno, Chino, Libo.

T.A.: -----

#SOMOSAMARILLOS
#FORZACASX


Ningún comentario: