xoves, 10 de abril de 2008

Dobre derbi apaixoante





Club Atlético Sobrado Xuventude




C.I.R.E. Melide C.F.
Os caprichos do calendario ligueiro quixeron que esta fin de semana haxa un dobre derbi entre os mesmos clubes: o Club Atlético Sobrado Xuventude e o C.I.R.E. Melide C.F.
O sábado 12 será a quenda da categoría xuvenil, a partires das 17:00 h no Campo Municipal de Melide, no partido de ida viuse un auténtico espectáculo de fútbol e goles (4-4), agardemos que sexa tan disputado coma no encontro celebrado en Sobrado.
A festa do fútbol vivirase o domingo 13 na categoría senior no mesmo horario a partires das 17:00 h no Campo Municipal de Sobrado, o partido de ida foi de 3-1 a prol dos melidenses . Un equipo, o C.IR.E. que chega coma novo líder da competición e que chega a Sobrado xogándose o ascenso a 2ª división autonómica. Pola súa contra o C.A.S.X. terá a motivación de que este ano aínda non gañou ningún derbi e o domingo terá a penultima oportunidade de acadalo nesta tempada. Motivación segundo palabras de varios membros do plantel non vai faltar, agardemos ver o que pasa no campo. Esperemos que o partido sexa de exquisita deportividade como foi o da primeira volta.
Nada máis
Saudos
FORZA CASX

2 comentarios:

Quintás dixo...

Moi boas. Canto tempo!!!O traballo e o que ten, que non me deixa tempo a nada. A ver se me podo acercar o domingo a Sobrado a ver o derbi e agardo que nos dous partidos se vexa o mismo espectáculo que nos da primeira volta, e que nos melloremos os resultados, je je.Seguro que serán dous bonitos partidos e con moita emoción.
Sen máis un saudo e FORZA CIRE e ELA, ELA, MAKINA AMARELA (traducción libre).

Unknown dixo...

Home Santi, canto tempo, votabaseche de menos tio. Estas desaparecido en combate. Non se che ve polas noite de "farra" nin nada de nada. Por certo, que lle pasa o teu blog persoal que non vai dende hai algún tempo?
Eu seguramente non asista o partido porque irei a Riazor a animar fronte o Athletic Club pero refrendo as tuas palabras de que ogalla se vexa espectáculo e sobor de todo que impere a deportividade. Eso si, agardo que os resultados sexan en favor dos marelos.
Vou "porrear" un pouco:

Xuvenis: CIRE 1 - CASX 3= Pablo Naveira (2), Mario.

Seniors: C.A.S.X 2 - CIRE 1= Chino e Nacho para os marelos, Miki para o Cire,

Veña saudos

Forza equipos da comarca.