luns, 3 de febreiro de 2014

CON UN PAR... DE XOGADORES MENOS!!!



O Atlético Sobrado é quen de darlle a volta ó marcador a pesares de ter dous xogadores menos sobre o terreo de xogo por expulsión/ Enésimo esperpento arbitral da tempada que volveu a perxudicar os intereses marelos / Xunto coa deleznable actitude do colexiado a saraiba foi a outra gran protagonista do encontro / Chino de penalti e Alberto no tramo final os goleadores.


A Máquina Amarilla tirou de testiculina para remontar con dous xogadores menos un partido que se lle puxo costa arriba na primeira metade logo de un clamoroso erro do colexiado ó non sinalar saque de porta a favor local no gol do Mesía. O dianteiro visitante Kaky recolleu o esférico case 1 metro fora do terreo de xogo (así o amosaban as marcas no campo) e acabou batendo a David nun forte chut que lle acabou resbalando das mans debido á climatoloxía ó cancerbeiro do C.A.S.X., corría o minuto 10 de encontro.



Pero ese non foi o único erro do colexiado ó longo do partido, senón que acumulou un tras outro. Estivo máis centrado en amosar cartóns polas protestas (15 marelos e 1 vermello para os dous equipos no total) que do xogo en si. Tan so houbo un par de patadas máis ou menos fortes  pero as entradas non as considerou tarxeta, so as protestas de ambos equipos.



No minuto 36 chegaría a primeira expulsión do encontro, e sería a do Míster do C.A.S.X. Hassan (1ª vez nos 3 anos que leva dirixindo ó equipo) por protestar unha xogada na que Alberto sae desde médio campo en posición máis que correcta para quedarse solo frente ó porteiro e o colexiado decreta fora de xogo.



A ocasión máis clara dos marelos na primeira metade sería un centro chut de Alberto que pegou na parte superior do longueiro.



Con 0-1 chegouse ó intervalo.



Na segunda metade, o colexiado seguiría dando unha exhibición de como NON  se dirixe un encontro. Primeiro cargouse do partido a Ale, que tiña un cartón marelo por protestar e nun lance do xogo resbala e na caida impacta coa man no esférico. O trenciña decreta a infracción pola man involuntaria, amosa cartón marelo pola man e expulsa a Ale (minuto 59).



Pero aínda seguiría o "show" 11 minutos despois, no 70 sería Piru quen via o segundo cartón marelo por unha falta moi rigurosa e posterior protesta. Quedábase o Sobrado con 9 xogadores.



Esteban en xogada ensaiada a piques estivo de empatar o encontro pero o seu portentoso remate de cabeza foi dar no pao da portería visitante cando o gardamallas xa estaba batido.



Noutra xogada de estratexia nacería o empate a 1 gol. Córner executado por Chino que Mario Novo intenta peinar no primeiro pao, cando vai conectar con esférico recibe un claro empurrón de un defensa rival e o colexiado ante a evidencia (xa se comera dous empurróns anteriores recoñecido por él o final do encontro) decreta pena maxima. O forte lanzamento de Chino supuxo o empate no marcador.



Non se amilanaría o C.A.S.X. e seguiu empurrando ata que no minuto 88 a Máquina Amarilla recupera o esférico en parcela defensiva, o balón chega a liña de medios a Isak que monta unha veloz contra acompañado por Alberto nun 2 para 2, Isak marca perfectamente o "tempo" da contra e sírvelle o esférico a Alberto que se incorporou por banda esquerda, amaga o chut coa esquerda e chuta coa dereita, o esférico é tocado por Tito, cancerbeiro do Mesía pero acábase alonxando no fondo da rede. Explosión de xúbilo e de rabia contida pola enésima inxustiza arbitral que estabamos a vivir.



No minuto 93 o árbitro decretou o final do encontro. Un encontro que é de 4 puntos pois ademáis da victoria sirve para gañarlle o golaverage particular a un rival directo na loita polo descenso como é o C.D. Mesía que está con 4 puntos máis na clasificación xeral.



Destacar o partidazo que se largaron os 14 convocados con moito sacrificio, loita, entrega e pundonor nunha desapacible tarde de granizo e frío onde todo se nos puxo en contra pero a testiculina e o orgullo dos xogadores fixeron que os 3 puntos quedaran na casa a pesares da notable inferioridade. XA VOS DIN A NORABOA EN PRIVADO PERO AGORA TOCA FACELO EN PÚBLICO: RAPACES, SODES UN GRUPO INIGUALABLE, OLE OS VOSOS HUEVOS!!!



Para a vindeira semana o equipo visita ó Visantoña C.F. nas Brañas. Hassan perderá por sanción a Piru e Ale. É probable que recupere a Luis Mato, Mario Varela, Fran e Luis Ibáñez.



11 INICIAL: David, Miguel Combo, Ale, Piru, Esteban, Iago Corral, Anxo, Chino, Alberto, Jaco, Isak.



CAMBIOS: Mario Novo, Antonio, Dami.



#FORZACASX

#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE


1 comentario:

Anónimo dixo...

¿Hassan expulsado por protestar? ¡En fin!
15 amarillas, más una roja, además de la organización arbitral, el artista ha realizado una buena y rentable recaudación.
El colegio proveerá.