luns, 24 de marzo de 2014

Xornada 28: Loitaremos ata o fin (A Crónica)



A Máquina Amarilla cae derrotado 3-2 no Burgo nun encontro que puido gañar calqueira. A permanencia queda agora a 13 puntos de distancia pero mentres hai vida hai esperanza. As declaracións do colexiado "González Rey" unha vez rematado o encontro deixa ben as claras que non sabe o regulamento.

Caeu pola mínima o conxunto de Hassan na súa visita ó Burgo. O encontro non puido comezar de mellor xeito, no minuto 6 Pirulo engancha desde uns 25 metros unha colosal volea que lle quita as telarañas á portería local. Un gol para lembrar por moitos anos. Lástima de unha cámara para poder grabar o tanto.

Pouco lle duraría a alegría o C.A.S.X., 4 minutos despois o Burgo empataría por medio de Raul nun gran lanzamento coa súa perna esquerda.

No minuto 15 o C.A.S.X. tivo unha grandísima oportunidade para adiantarse con un bo lanzamento desde a frontal de Chino que dou no pao para sair posteriormente fora.

Adiantaríase o Burgo no minuto 21 con un gol de Miguel Magán de cabeza ó saque de unha falta onde a defensa marela non andivo acertada.


Nun partido de tolos o empate ía chegar no minuto 26. O colexiado decreta man dentro da área do equipo local, equivócase, non era, o que si era o penalti que 2 segundos antes sufre Dami na mesma xogada nun auténtico patadón o cal o colexiado non pita... de tolos. Chino executa e marca.

O 3-2 chegaría cando se cumplían os 45, noutra xogada a balón parado, de novo a defensa marela non anda fina, remata Fernando, paradón de David, pero o rexeite recolleo o propio Fernando con David aínda no chan e a un metro da liña de gol so ten que empurrar para dar de novo vantaxe o equipo local.

Na segunda metade se un equipo quixo e puido gañar ese foi o Atlético Sobrado. O equipo local adicou os 49 minutos e medio que durou a segunda metade a perder tempo e que os minutos pasasen. O C.A.S.X. tivo o empate ata en 4 ocasións: 1º Isak nun man a man co porteiro local, a súa vaselina vaise fora por moi pouco, 2º Chino que se precipitou nunha xogada tirando escorado desde fora da área cando se encontraba solo para seguir cara a meta e plantarse man a man co porteiro,  3º Luis Mato, nun mal despexe do porteiro, o balón queda na área pequena pero o cancerbeiro tivo a fortuna de que logo de rexeitar o esférico en Luis volveuse a quedar nos pes, e 4º cerca do final Iago Corral con un tiro que se foi fora o estar o porteiro fora da súa meta e dous defensas baixo paos.

Na segunda metade houbo 8 cambios e o xogo estivo parado 4 minutos de reloxo pola lesión do porteiro local. Ademáis do tempo que se perdeu. O colexiado armouse un cipitoste monumental: descontou 4 minutos 30 segundos. O peor non é iso, pregúntalle un xogador local cando queda de desconto, di que un minuto, os 20 segundos pita o final. Remata o encontro ímoslle reclamar por que tan pouco desconto, e para sorpresa de todos di que por cada cambio hai que descontar 20 segundos... ESTE TÍO NON SABE O REGULAMENTO. Logo di que se chega a saber que ía haber tanta polémica polo tempo que descontaba 2 minutos máis..., ESTUPEFACTOS NOS QUEDAMOS... para rematar o espectáculo circense admite que cando estaba sendo atendido o porteiro douse conta que non parara o reloxo cando xa facía case dous minutos que estaba sendo atendido o cancerbeiro..., ALGUÉN ME PODE EXPLICAR QUEN VAI TOMAR EN SERIO UNHA LIGA ONDE O COLEXIADO DE TURNO NIN SABE O REGULAMENTO NIN LLE IMPORTA O MÁIS MÍNIMO AMOSAR QUE NON TEN NIN IDEA???

Se non te queixas pasan as tempadas e seguimos na mesma... se te queixas eres un chorón e para o próximo partido vai vir o trenciña de turno a polo teu equipo de cabeza....

PENOSO!

Agora a permanencia queda a 13 puntos de distancia con 18 puntos en xogo. Está moi difícil pero mentres haxa un mínimo de osíxeno ímolo aproveitar. Non todo foron malas novas no encontro, mais importante que a derrota foi o regreso Pablo Naveira e Mario Varela a unha convocatoria de Hassan tras moito tempo de ausencia.

Perderemos ou gañaremos, pero este equipo ten corda para rato, sexa na categoría que sexa.

Destacar tamén a amplo parte de lesións que nos troixemos para a casa (ata un total de 9 xogadores na Acta Arbitral), ver as pernas dos xogadores ó final do encontro era un auténtico poema..., en especial Luis Mato, golpes nas dúas pernas e no codo dereito.

ONCE INICIAL: David (c), Jaco (Ale min 70), Piru, Esteban, Mario Novo (Antonio min 83), Anxo (Mario Varela min 71), Iago Corral, Chino, Isak (Fran min 70), Luis Mato, Dami (Naveira min 73).


XUVENÍS: Órdenes B 3 - C.A.S.X. 2

Derrota do equipo de Isma García a domicilio na tarde do sábado nun encontro que o igual que o equipo senior, os nosos puxéronse por diante no marcador, con gol de Miguel López. Remontaría o cadro verde. O outro gol do C.A.S.X. foi obra de Iván Santos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

http://instagram.com/p/l552wJiElw/ Sólo dan los del Burgo patadas, anda que vosotros no disteis no... una imagen vale más que mil palabras. A llorar a tercera que cada uno tiene lo que merece.

Anónimo dixo...

Repasa la clasificación y verás donde vas a jugar tu también para el año...