venres, 13 de febreiro de 2015

Xornada 23: SD Pontecarreira - C.A.S.X. (A Previa)



Unha xornada máis o Atlético Sobrado afrontará o próximo encontro nun horario pouco habitual. De esta volta será o domingo as 12,00 do mediodía. Esa foi o horario designado polo conxunto local.

A S.D. Pontecarreira está ubicada na 7ª praza da táboa con 24 puntos, a 10 dos postos de playoff de ascenso.

Na casa suma 4 victorias (unha delas contra o C.A.S.X. por 1-0 na primeira xornada ligueira), 2 empates e 4 derrotas. Sumando como locatario 18 goles a favor por 19 en contra.

O gol na S.D. Pontecarreira ten nome propio: Marcos Meijide, 10 tantos son os que o contemplan ata o de agora. Jorge Pérez e Martín Vázquez con 5 goles e Gonzalo Carnota con 4 son os máximos goleadores do equipo azul.

Por parte marela Hassan non se poderá sentar no banquiño o ser expulsado a semana pasada por doble cartón marelo. Tampouco poderá ser partícipe Miguel Combo o acumular 5 cartóns marelos.

Anxo será baixa segura por motivos persoais, ademáis do cancerbeiro e capitán David lesionado de longa duración. Son dúbidas Luis Mato, Manu Paderne e Tomás por lesión.

O partido estará dirixido polo señor Carlos Martínez Rodríguez.

XUVENÍS: Atl. Sobrado - San Tirso S.D.

Logo de sumar 4 puntos nos seus 2 últimos partidos como local a Minimáquina Amarilla afronta un difícil compromiso contra o San Tirso S.D. que viaxa 5º na clasificación de 2ª Autonómica Grupo III.

Ten un gran potencial ofensivo o equipo de Mabegondo con Óscar Varela a cabeza, un dos 3 pichichis da competición con 16 dianas. Sígueno como goleadores do cadro verde Cristian García con 10, David Vieiro con 9 e Isaac  Araujo con 7.

O encontro será mañá as 16,15 horas no Municipal de Sobrado e estará dirixido polo señor Manuel Casanova Vázquez.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: