mércores, 30 de abril de 2014

Xornada 33: C.D. Obrero - C.A.S.X. (A Previa)


Esta semana adiantamos a previa para mércores debido a que o partido C.D. Obrero - C.A.S.X. correspondente á Xornada 33 de Liga da 2ª Autonómica Grupo II foi adiantado en mutúo acordo entre os dous clubes.

O C.A.S.X. fai o último desprazamento da tempada, será ó Concello de Oleiros, concretamente ó "Eugenio Pardo Conchado", lugar onde disputa os seus partidos a U.D. Dorneda de 3ª División Galega.

O Obrero está situado na 10ª praza con 12 partidos gañados, 10 empatados e 10 perdidos sumando un total de 69 goles a favor por 65 en contra.

Na casa presenta uns grandes números, o conxunto vermello so caeu derrotado en 2 dos 16 encontros disputados como local (contra o líder Marino de Mera e contra o 5º clasificado Portazgo). No Pardo Conchado gañou 9 partidos e empatou 5 sumando 42 goles a favor por 26 en contra. Como máximos artilleiros do equipo de Oleiros destacan Darío con 17, Gabri con 13 e David Vázquez con 10.

Non hai dúbida de que será un desprazamento difícil para a Máquina Amarilla pero seguro que os xogadores van sair a por todas na procura de 3 novos puntos.

Hassan perde a Naveira e Fran para este partido ademáis de non poder contar de novo con Isak. Pola contra recupera a Chino, Luis Mato, Esteban, Anxo e Dami. É dúbida Mario Varela.

XUVENÍS: Oza dos Ríos - C.A.S.X.

O cadro de Isma García despide a tempada o sábado en Oza dos Ríos. Agardemos que a Minimáquina Amarilla remate a tempada con un bo sabor de boca.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

luns, 28 de abril de 2014

Xornada 32: Un Almeiras moi superior (A Crónica)

O Atl.Sobrado sufre unha abultada derrota na súa visita a Almeiras. Hassan so puido dispoñer de 12 xogadores (9 senior, 2 xuvenís e 1 cadete). O peor do partido a lesión de Jaco.

Saiu goleado o C.A.S.X. da súa visita o Campo de Os Loureiros en Almeiras (Culleredo). O equipo marelo caeu por un rotundo 6-0 se ben é certo que o conxunto que adestra Hassan tivo a condicionante de contar con abondosas baixas: Chino, Isak, Luis Mato, Esteban, Dami, Mario Varela e Anxo non puideron ser da partida.

Así pois a expedición foi formada por tan so 9 xogadores do primeiro equipo, 2 xogadores xuvenís e 1 cadete.

En ningún momento estivo cómodo o equipo marelo no encontro nun campo que mistura area e terra e no que o C.A.S.X. non está a acostumbrado a xogar. O equipo local foi moi superior. O descanso chegouse cun marcador de 2-0 e co negativa nova da lesión de Jaco nun xeonllo logo de un choque con un rival que agardemos que so se quede nun golpe. Na segunda metade o Almeiras foi incrementando pouco a pouco a súa desvantaxe fronte a un mermado C.A.S.X. 

O resultado que campeou no marcador o final dos 90 minutos foi o de 6-0. Quizais algo abultado para o que se viu no encontro pero está claro que non se lle pode reprochar nada os 12 xogadores que se desplazaron ó envite.

Once Inicial: David (c), Miguel Combo, Ale, Piru, Mario Novo, Antón, Jaco (Caske ´38), Antonio, Martín, Fran, Naveira.

Goles: 1-0 (Óscar 30), 2-0 (Brais 42), 3-0 (Brais 48), 4-0 Juan (77), 5-0 (Yeray 80), 6-0 (Juan 89)

Cartóns Marelos: Fran (´36)
Cartóns Vermellos: -

A vindeira xornada o C.A.S.X. xoga de novo como foráneo, o partido foi adiantado de mutuo acordo co C.D. Obrero para este xoves 1 de maio (festivo) a partires das 17,00 horas. Por fin Hassan poderá recuperar varios efectivos para o último partido da tempada coma visitante.


XUVENÍS: C.A.S.X. 1 - San Tirso 4


O equipo Xuvenil adestrado na tarde de sábado polo tandem: David & Piru pouco puido facer para intentar lograr a victoria diante do 4º clasificado logo de dispoñer tan so de 9 xogadores e con Lucas de improvisado porteiro.

O gol marelo foi obra de Iván Santos.

Unha vez máis agradecer os xogadores que viñeron a defender o escudo do clube a este partido.

Sodes grandes rapaces!

venres, 25 de abril de 2014

Xornada 32: U.D. Juvenil Almeiras - C.A.S.X. (A Previa)



O Atlético Sobrado viaxa o domingo ó campo de "Os Loureiros" en Almeiras (Culleredo)  para enfrontarse a partires das 17,00 horas ó equipo local, a Unión Deportiva Juvenil de Almeiras.

Faltan 3 xornadas para o remate do Campionato Ligueiro e a pesares de que o equipo marelo está descendido non escatima esforzos en competir ata o final. Agora o obxectivo é superar ó Sigrás na clasificación e poder quedar o máis arriba posible.

O C.A.S.X. afronta o partido sen presión, todo o contrario que o equipo local que se encontra no posto 14 e que agora mesmo ocuparía praza de descenso por mor dos arrastres. Así pois prevese que o equipo branquiazul saia a por todas desde o principio, algo que pode propiciar que o C.A.S.X. saque "tallada" dos posibles ocos que poida deixar a retagarda local.

O Juvenil de Almeiras suma 35 puntos froito de 11 victorias, 2 empates e 18 derrotas con 46 goles a favor por 59 goles en contra.

Como local presenta os seguintes números: 6 victorias, 2 empates e 7 derrotas sumando 23 goles a favor por 24 goles no seu debe.

A faceta goleadora está ben repartida no equipo de Almeiras: Brais 9, Roi 8, Carrillo 7, Víctor 5 e Jash 4.

No partido de ida o equipo de Hassan gañara 3-1, agardemos que de novo o resultado sexa favorable os nosos intereses.

O adestrador sobradés non poderá contar cos seus 2 máximos goleadores: Chino por acumulación de amonestacións e Isak por motivos persoais. Así pois a responsabilidade anotadora recaerá sobre homes como Dami, Luis Mato, Mario Varela, Naveira, Fran ou Jaco. Ademáis tamén causará baixa Esteban por motivos laborais polo que seguramente Hassan tirará de equipo xuvenil para poder completar a convocatoria.

Coma sempre podedes seguir o partido online na nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENIL: C.A.S.X. - San Tirso S.D.

O equipo de Isma García recibe nesta penúltima xornada ligueira (último partido coma locatario) o San Tirso S.D. de Mabegondo. Agardemos que o equipo Xuvenil despida a tempada no Municipal de Sobrado con unha victoria. O encontro disputarase mañá sábado as 17,00 horas.

mércores, 23 de abril de 2014

Fernando G. Herrero compite no Campionato de España esta fin de semana



O piloto de Enduro do Club Atlético Sobrado Xuventude Fernando G. Herrero compite esta fin de semana nunha proba valedeira para o Campionato de España de Enduro.

Será en Santiago de Compostela os  vindeiros días 25, 26 e 27. Desde aquí desexarlle sorte ó noso piloto que tan bos resultados está a lograr.

Ánimo e GASSSSSS!!!

luns, 14 de abril de 2014

Xornada 31: Derrota in extremis (A Crónica)


O Atlético Sobrado volve a ver como se lle van puntos nos últimos minutos. Partido irregular dos marelos. Excelente arbitraxe da colexiada Rodríguez Cruz. Isak autor do gol local.

Volveron os fantasmas do pasado; o Atlético Sobrado veu como un gol de Vidal no minuto 88  privaba os pupilos de Hassan de acadar como mínimo o empate.

O encontro comezou con susto, excelente falta executada por Vidal e soberbia estirada de David que logra rozar o balón, o esférico pega na cruceta e pasease pola liña de gol sen que ningún xogador visitante chegue para empurrar a pelota o fondo das mallas.

Reclamou penalti o Santa Cruz por unhas mans involuntarias dentro da área de Ale, a colexiada explicoulle o equipo visitante no descanso que era certo que lle daba na man pero que non o pitaba por que era totalmente involuntario e coa velocidade que ía o balón era imposible poder  reaccionar e retirar a man. Chapeau pola colexiada!

O máis destacable na primeira metade do C.A.S.X. un tiro de Chino o pao e as soberbias paradas de David que mantiveron con vida á Máquina Amarilla.

Na segunda metade chegarían os goles, o 0-1 sería obra de Juanca no minuto 53 nun remate de cabeza a saida de unha falta. Non andivo fino o noso conxunto nas marcas na tarde do sábado.

Empataría Isak no minuto 71 nunha contra magníficamente levada por Dami.

Chino tería o 2-1 nas súas botas, nun magnífico disparo que foi pegar no pao para posteriormente sair fora.

Reclamou  penalti o C.A.S.X. por mans claras dentro da área de un defensor visitante pero a colexiada entendeu que tamén eran involuntarias.

E cando parecía que habería empate chegou o 1-2 do Santa Cruz. De novo falta mal defendida, remate de cabeza, David fai unha estirada colosal, o rexeite pega no pao e cáelle a Vidal que sen marca so ten que empurrar o esférico ó fondo da rede, levándose así os 3 puntos para Oleiros.

Quero destacar a magnífica laboura arbitral da Patricia Rodríguez Cruz. Moi dialogante con ambos conxuntos, explicando as dúbidas existentes, excelente aplicación do regulamento. Sempre atenta e con actitude nada chulesca..., todo o contrario ó que vimos na gran maioría dos 30 partidos anteriores. Espero e desexo que esta colexiada chegue lonxe porque facía moito tempo que non vía unha arbitraxe tan boa.

Para a vindeira semana haberá parón polas vacacións de Semana Santa.

ONCE INICIAL: David (c), Miguel Combo, Ale, Esteban, Mario Novo, Mario Varela, Antonio, Chino, Dami, Isak, Jaco.

BANQUIÑO: sen cambios

GOLES: 0-1 Juanca 53´ / 1-1 Isak 71´ / 1-2 Vidal 88´

CARTÓNS MARELOS: Miguel Combo 41´ Chino 54´ Mario Varela 79´

CARTÓNS VERMELLOS: -


XUVENÍS: Pastoriza 4 - C.A.S.X. 1

Non puido traer puntos o equipo de Isma García da súa viaxe a Pastoriza. A Minimáquina Amarilla comezou adiantándose no marcador no minuto 15 froito de un penalti transformado polo pichichi Marcos Combo. O Pastoriza amosou o porqué da súa boa clasificación e acabou goleando os nosos xuvenís.
Para a semana, o igual que o primeiro equipo haberá xornada de descanso.


venres, 11 de abril de 2014

Xornada 31: C.A.S.X. - Santa Cruz C.F. (A Previa)



Mañá visita o Municipal de Sobrado o 7º clasificado da Liga, o Santa Cruz C.F. O equipo blaugrana cuallou unha espectacular primeira volta de competición loitando con Marino, Brexo Lema, Cambre e Portazgo nos 5 primeiros postos. Agora na segunda volta parece que aflouxou un pouco o espectacular ritmo de puntos que levaba.

Os de Oleiros suman 44 puntos froito de 12 victorias e 8 empates. No cadro das derrotas estas sitúanse en 10. Dispón de 56 goles a favor por 52 en contra.

Como visitante os seus números son: 4 victorias (todas conseguidas na 1ª volta), 5 empates e 5 derrotas. Con 28 goles en contra por 21 a favor.

O pichichi do equipo Luisete (21) marchou hai algunhas xornadas para o Vizoño S.D. de 1ª Autonómica así que será un quebradeiro de cabeza menos para os homes de Hassan. 

Así pois a responsabilidade goleadora do Santa Cruz recaerá en Vidal (10), Pedro (5), Meirama (4) ou Necho (3).

Por parte marela mañá será un partido no que haberá moitas baixas: Piru, Anxo e Fran son baixas seguras así coma Iago Corral que se vai cedido o equipo Xuvenil do Betanzos C.F. ata final de tempada. Ademáis varios xogadores son dúbida.

Así pois Hassan terá que facer grandes retoques na aliñación con respecto á semana pasada para elaborar o 11.

Unha vez consumado o descenso de categoría agora a motivación está en sobrepasar ó C .D. Sigrás, sumar o maior número de puntos posibles e agardar a ver que pasa por se hai "sorpresa".

O equipo seguirá dando a cara como o fixo nos anteriores 30 partidos.

O partido comeza as 17,00 horas e podédelo seguir Online pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENÍS: PASTORIZA - C.A.S.X.

O equipo de Isma García desprázase por segunda semana consecutiva. O equipo viaxa a Pastoriza para enfrontarse o equipo local no campo de Oseiro. Varios xogadores son dúbida así pois haberá que agardar nas próximas horas para saber con cantos efectivos se conta para o antepenúltimo partido da tempada. O encontro será mañá as 17,00 horas.


luns, 7 de abril de 2014

Xornada 30: Derrota contundente (A Crónica)


O Atlético Sobrado sae goleado de Lema (5-0). Con esta derrota o C.A.S.X. certifica de xeito matemático o descenso. De novo as decisións arbitrais poñen o encontro costa arriba.

Saiu goleado de xeito doloroso o C.A.S.X. da súa visita a Os Pinares en Lema. O equipo marelo caeu por un contundente 5-0 fronte a un gran rival, que amosou por que é serio candidato ó ascenso a 1ª Autonómica.

Comezou o encontro con un dominador Brexo levando perigo a meta de David máis sería o Atlético Sobrado quen dispuxo da primeira ocasión sería, nun lanzamento no que o esférico pega claramente na man de un defensor do Brexo Lema dentro da área... o colexiado non quixo ver nada...

Si vería man un minuto despois, concretamente na área do C.A.S.X. un despexe de Esteban pega na man de Miguel Combo que está de espaldas á xogada. Ahí o colexiado sí que non dubidou un intre e decretou pena máxima... xa se sabe..., sen comentarios!

O penalti executaríao Álex Naveira facendo o 1-0, corría o minuto 14. 2 minutos máis tarde novo despropósito arbitral, Chino conduce o esférico en medio campo, o mediocentro local Abdou arrolla literalmente  o pichichi do C.A.S.X. nunha falta completamente grotesca, o trenciña manda seguir e na contra o Brexo Lema marca o segundo gol obra de Codesal (minuto 16).

A partir de ahí e co partido moi costa arriba o C.A.S.X. descompúxose e en ningún momento estivo cómodo no terreo de xogo.

No  minuto 21 chegaría o 3-0 obra de Álex Naveira. Con ese resultado chegouse ó descanso.

Pouca historia tivo a segunda metade, o Brexo Lema seguiu atacando mentres un apático e irrecoñecible Atlético Sobrado era mero espectactador do encontro. Marcaría Fran Ramos o 4-0 no minuto 71 e repetiría no  minuto 82. A ocasión máis clara do encontro para a Máquina Amarilla nun man a man de Pablo Naveira tras maxistral pase de Mario Varela. O tiro do dianteiro marelo saiu bicando o pao.

Con este resultado o C.A.S.X. é novo equipo de 3ª Autonómica máis a competición non rematou e o equipo vai seguir loitando por sumar puntos. Xa se sabe como son estas categorías e como é cada final de tempada no que a veces hai sorpresas e incluso poden ser positivas.

ONCE INICIAL: David (c), Miguel Combo (Jaco 45´), Piru, Mario Novo (Mario Varela 45´), Esteban, Anxo, Chino, Iago Corral, Luis Mato (Pablo Naveira 68´), Isak (Fran 61´), Dami.

Cartóns Marelos:

Piru 60´
Fran 84´

Cartóns Vermellos: -


XUVENIL: Atl. San Pedro 3 - C.A.S.X. 1


Quédanseme curtas as palabras de eloxio que lles poida adicar a expedición do equipo Xuvenil que viaxou o sábado a San Pedro. Non é doado viaxar con tan so 8 xogadores para intentar competir, e iso foi o que fixo o equipo de Isma García.

A Minimáquina Amarilla foi quen de adiantarse no marcador con gol obra de Miguel López e incluso chegar por diante ó descanso. Con 3 homes menos a segunda parte fíxose moi longa e finalmente o equipo acabou perdendo 3-1. Resaltar que aínda así o Atlético Sobrado tivo oportunidades de sobra para levarse o encontro pero non era o día e a puntería estaba desviada.

Grazas a todos e cada un dos integrantes da expedición: VOS SODES O FUTURO DO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE!

venres, 4 de abril de 2014

Xornada 30: Brexo Lema S.D. - C.A.S.X. (A Previa)


Proba de lume para o equipo que adestra Hassan. O equipo marelo visita ó 2º clasificado o Brexo Lema. Un conxunto que presenta uns números estratosféricos sumando 20 victorias, 6 empates e tan so 3 derrotas para acadar uns números de 66 puntos. É o equipo máximo goleador da competición con 80 goles e o 2º menos goleado con 30.

Na casa os números tamén son de outra galaxia: 11 victorias, 1 empate (contra Visantoña 2-2) e 1 derrota (contra Culleredo 4-5). Os 8 últimos partidos coma locatario contaos por victorias..., está claro que o C.A.S.X. vai intentar unha auténtica fazaña.

No equipo local serán baixa segura Lennon e Nacho por sanción. Boa noticia para os marelos pois son dous dos goleadores do equipo 13 e 10 goles respectivamente. Pero a mala é que poderá contar co resto de goleadores: Bimba 18, Codesal 10, Fran Aznar 7, Fran Ramos 7 ou Iago 6.

Por parte marela o partido preséntase coma unha auténtica final, coa imperiosa necesidade de gañar nun campo prácticamente infranqueable. O partido é a vida ou morte para o C.A.S.X. para ter opcións de permanencia hai que gañar sí ou sí, contra un equipo que se está xogando o ascenso. O partido prevese emocionante.

Hassan está a espera de saber se poderá contar con todo o plantel para afrontar este difícil envite no que o equipo debe salir enchufado ó 300% e esta actitude debe continuar en todos e cada un dos minutos que dure o encontro.

XUVENÍS: Atl. San Pedro - C.A.S.X.

Moi mermado viaxará o equipo de Isma García a San Pedro de Nós debido a que o plantel é curto e a pasada xornada Brais e Caske foron expulsados... así pois, xuntar 11 xogadores sería unha auténtica miragre. Viaxarase cos efectivos que haxa.

Sorte a ámbos conxuntos

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE